Poboación

A poboación de Galicia mostra un perfil de moito risco de cara a esta epidemia. A metade da poboación supera os 50 anos de idade e polo tanto esta suxeita ós indices de mortalidade máis altos no caso de contraer o coronavirus.

Datos:
Instituto Galego de Estadística, 2019
'Estimates of the severity of coronavirus disease 2019: a model-based analysis'. Imperial College, UK.

Recursos Materiais

Galicia conta con número de camas operativas e quirófanos que en total superan as 9000 unidades, un número que pode ser completado con hospitais de campaña e recintos acondicionados.

Datos: Instituto Galego de Estadística, infraestructuras do 2017.

Recursos Humanos

A exposición do persoal sanitario ó contaxio e alta comparada con outras actividades e profesións. A disponibilidade de persoal facultativo e non facultativo é clave de cara a garantir coidados e paliar o efecto da infección no tempo.

Datos: Instituto Galego de Estadística, persoal no 2017.

Estadías no hospital

A idade dos pacientes graves e a evolucion da patoloxía do coronavirus en forma de neumonía fai que as estadías dos pacientes nos hospitais sexan mais longas do habitual, se comparamos a estadía polo coronavirus con outras patoloxías.

Datos: Instituto Galego de Estadística do 2018.

Defuncións

A falta de memoria vírica no corpo humano fronte a este novo virus debilita o corpo e crea unha indefensión que se traduce nun alto número de mortes. A incidencia do coronavirus e moi significativa se a comparamos coas patoloxias responsables dos falecementos en Galicia.

Datos: Instituto Galego de Estadística do 2017.

Galicia
e a epidemia

by GraphicPrototype
Actualizado o 21 de Abril de 2020.

Galicia presenta a día de hoxe centenares de falecementos polo coronavirus, con un gran numero de ingresos na UCI asi como hospitalizacions nos centros sanitarios e nos domicilios particulares. O coronavirus espalla pola comunidade representando un grande risco, tanto para as persoas de máis idade como para a infrastructura sanitaria capaz de atender tal número de casos graves.

Neste proxecto de visualización o enfoque esta na capacidade do sistema sanitario de absorber o número de ingresos, o estado do persoal sanitario e a perspectiva da infección polo coronavirus dentro doutras patoloxías. Este proxecto utiliza D3.js e datos de referencia do Instituto Galego de Estadística.